jueves, 13 de febrero de 2014

5. Compartir recursos

Compartir recursos en Windows
Para poder compartir os recursos en rede, precísase activar a casilla Compartir impresoras e arquivos na configuración de rede de área local. Para isto, débese facer clic dentro de Conexións de rede e facer clic co botón dereito do rato sobre Conexións de área local para visualizar as súas propiedades.

COMPARTIR CARTAFOIS E DISCOS
Para isto, os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de si se atopa activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquer caso, seleccionar a opción de Compartir esta carpeta.

  • Na compartición simple, pódese activar a casilla de Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non marcala só se podrá ser leída ou copiada, non modificada.
  • Na compartición con permisos, premer no botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Clicar en Aplicar e Aceptar para que se leven a cabo os cambios.

Ao compartir un cartafol aparece debaixo dela unha man. Este é o símbolo que identifica os cartafois compartidos.


Compartir impresoras
Se se ten unha impresora conectada ao equipo, pódese compartila con calquera persoa que estea na mesma rede. Non importa que tipo de impresora se teña, o importante é que estea instalada no equipo e directamente conectada cun cable USB ou outro tipo de cable para impresora. As persoas con quen se decida compartir a impresora poderán usala para imprimir, sempre que primeiro atopen o equipo administrador na rede.
As impresoras directamente conectadas a unha rede e non conectadas a un equipo están dispoñibles para calquera persoa que estea na mesma rede. Estas impresoras deben ter un porto de rede ou unha conexión inalámbrica que lles permita conectarse directamente á rede.

Compartir impresoras
No equipo con impresora:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e faxes.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casilla Compartir Impresora.
4. Presionar en Aplicar e Aceptar.
5. Se verá un icono dunha impresora cunha man debaixo
No resto de equipos:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción de Impresoras e Faxes.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e se iniciará un Asistente moi sinxel no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se atopa conectada a impresora a agregar.
3. Verase un icono dunha impresora cun signo de afirmación.

Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen varios sistemas operativos instalados. Para isto, é necesario utilizar a aplicación SAMBA de Linux.
Desde Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, utilizando o apartado Entorno de rede e navegando polos diferentes recursos.

Máis información













No hay comentarios:

Publicar un comentario