viernes, 31 de enero de 2014

4. Xestión de usuarios e permisos

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS
-Creación de grupos de usuarios
Tanto Linux coma Windows, ambos os sistemas operativos teñen a opción de crear varios usuarios, cada un asignado a unha persoa, para que estas fagan as súas tarefas no equipo. Dependendo da autorización de cada usuario, estes terán aceso total ou limitado ao equipo.
Para crear un grupo de usuarios:
Grupo de usuarios

  1. Facer clic no botón Inicio , escribir ''mmc'' no cadro de busca e despois premer a tecla ENTRAR. Requírese permiso de administrador, e se solicita contrasinal e confirmación para crear un grupo de usuarios.
  2. No panel esquerdo, faga clic en Usuarios e grupos locais.
  3. Facer dobre clic na carpeta Grupos.
  4. Faga clic en Acción e, a continuación, faga clic en Grupo novo.
  5. Escriba un nome de grupo e unha descrición.
  6. Faga clic en Agregar e escriba o nome da conta de usuario.
  7. Faga clic en Comprobar nomes e, a continuación, faga clic en Aceptar.
  8. Faga clic en Crear.


Identificación de usuarios
-Identificación
Para aceder a un sistema operativo multiusuario, o equipo solicita un nome de usuario, chamado login, e unha contrasinal, chamada password.
Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permítelles o aceso aos recursos aos que os usuarios teñan autorización.

-Xestión de contas en Windows
Para poder crear novas contas de usuario, modificalas ou eliminalas, débese aceder ao apartado ''Contas de usuario'' no Panel de Control.

-Espacio de traballo
Ao espacio de traballo tamén se lle chama ''Conta de Usuario''. Aquí recopílase toda a información dos usuarios, a cal se atopa nun directorio do disco duro. Aquí gárdase toda a información relacionada coa personalización do escritorio, os programas instalados, os favoritos, etc.
Por exemplo, en Windows, o usuario de Marina gárdase da seguinte maneira:


Administrador
Sistema Operativo
Windows

Directorio
C:/ Documents and Settings/marina

- Tipos de Usuarios
Clasifícanse principalmente en:
 -Administrador ou root. É aquel usuario que se encarga de configurar o sistema e do mantemento deste. Ten aceso e privilexios sobre todos os recursos do equipo, e pode instalar e desinstalar programas, xestionar usuarios, etc. O administrador é a persoa responsable de establecer e manter o sistema. Tamén encárgase de administrar e monitorizar o correcto funcionamento do sistema incluíndo cambios de versións, administración de acceso, etc.

Selección de usuarios
Usuario
 -Usuario. É aquel que ten aceso aos recursos que lle permite o administrador. Non pode cambiar a configuración nen eliminar arquivos esenciais.
 -Grupo. Algúns usuarios son asociados para formar grupos e, desta forma, facilitar certas tareas. Os usuarios poden aceder aos seus recursos e aos do grupo ao que pertencen.

- Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows, hai que seguir estes pasos:

  1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta en cuestión e seleccionar o apartado Propiedades.
  2. Seleccionar a lapela Seguridade. É aquí onde se mostra un listado de todos os grupos ou usuarios que poden facer cambios no obxecto.
  3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán aceso ao arquivo, ou ben seleccionar o apartado Agregar para engadir novos usuarios.
  4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario do que dispónse, podendo permitir ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades nos aparece a la pela Seguridade:
  1. Facer clic en Inicio.
  2. Entrar no Panel de Control.
  3. Seleccionar Aparencia e temas.
  4. Entrar en Opcións de carpeta.
  5. Na lapela Ver, desactivar a caixa de Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se atopa no apartado de Configuración Avanzada.
Máis información








No hay comentarios:

Publicar un comentario