viernes, 20 de septiembre de 2013

A miña música preferida.

Os meus estilos de música preferida son a música electrónica e o rock clásico de Freddie Mercury. Entre a música electrónica destaca Skrillex, Knife Party ou diferentes canales de YouTube como DifferentHeaven (O cal está collendo moita fama), Monstercat ou NonCopyrightSounds. Uso a música electrónica para escoitala mentres fago deporte e motivarme. Respecto á música eléctronica a canción que máis me gusta é Bangarang, de Skrillex. Algunhas curiosidades deste intérprete son que naceu en Estados Unidos, California o 15 de xaneiro de 1988, que o seu nome real é Sonny John Moore e que leva facendo música desde 2004.


En canto a Freddie Mercury, as miñas canción preferidas son aquelas famosas como We Are the Champions, Dont Stop Me Now, Bohemian Rapsody, Show Must Go On, Bycicle, A Kind of Magic, ou We Will Rock You. Como curiosidades tamén pódese dicir que esta última é o nome dun musical feito en honor a Queen, o cal atópase en Londres e trata dunha historia de persoas con personalidade nun mundo moderno onde as persoas non falan e soamente falan polo móbil. Á dereita adxunto unha foto do artista Freddie Mercury: